Invivo

Invivo

Real Name:
Invivo (GZ)
Profile:
Banda galega de metal crú formada en 2006 e composta por Mario César á voz e guitarra, Roberto Couto ás guitarras, Roberto Filgueira ao baixo e segundas voces e Ricardo González á batería.
En 2007 danse a coñecer coa participación no disco compilatorio Apostolocausto.
No 2008 gañan a terceira edición do concurso Millarock, ceden un tema inédito para o disco compilatorio Derrameidea e comparten escenario con bandas como Hamlet, Estirpe, Berri Txarrak ou A Palo Seko, entre outras.
En 2009 publican o seu primeiro disco, Introvisión (Producciones
Malditas) gravado e mesturado por Iago Pico nos estudos Pousada Son de Ames (GZ) e masterizado por Peter In de Betou nos Tailor Maid Studios de Suecia.

No 2010 colaboran no disco compilatorio A Bola de Metal.
Tras ducias de concertos nas súas costas en 2011 presentan o seu segundo disco, Dogma (ACI), gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico nos estudos Pousada Son. Ese mesmo ano ceden o tema 1940 para o compilatorio de metal galego Camaradas do Metal!!#Vol. 1 e revisan o Sementa dos Skacha no disco Canta historia na barriada, tributo á banda punk-rock viguesa.
No 2012 presentan os vídeos oficiais 1940 e Dogma, con temas extraídos do seu segundo disco.
A inicios de 2013 idean e producen o disco tributo a Zënzar: Vai polos padriños!, onde revisan o tema Pensamento, da banda cercedense. Nese mesmo ano participan no volumen 7 do disco compilatorio A Bola de Metal.
En 2014 publican novo disco, Cárcavas, tras a experimentación dunha metamorfose. As modificacións apareceron motivadas a raíz duns problemas na voz orixinal do grupo, Mario César a inicios de 2013. Cos temas practicamente rematados para entrar no estudo, deciden apostar polo paso da testemuña do micro a Roberto Filgueira. O disco está producido por Iago Pico e Invivo nos Pousada Son Estudios de Ames, cun deseño de Laura Riveiro e vídeo oficial ideado e dirixido por Lois Rodríguez.
A principios de 2015 aportan o single Cárcavas ao compilatorio Metal Korner. Nese ano únese á banda o baixista Iván Bernárdez (Inmortality).
Sites:
[a2310481]

Artist

Invivo Discography

Albums

VAT4 Invivo B.B.B.(Cass, Album) Vanity Records (3) VAT4 Japan 1981 Sell This Version

Compilations

VAT1-6 Salaried Man Club, Kiiro Radical, Den Sei Kwan, Invivo, Wireless Sight, Nishimura Alimoti Salaried Man Club, Kiiro Radical, Den Sei Kwan, Invivo, Wireless Sight, Nishimura Alimoti - Limited Edition Vanity Records Box Set(6xCass, Album + Box, Comp, Ltd, Num) Vanity Records (3) VAT1-6 Japan 1981 Sell This Version